Mellora o teu galego e impulsa as túas oportunidades persoais e profesionais
Esquece os métodos desactualizados. Aprende galego de xeito sinxelo, práctico e adaptado ao teu obxectivo. Mellora no traballo, preséntate a oposicións ou, simplemente, sinte seguridade ao falalo.
Os cursos de galego en liña
que fai sinxelo o que podería parecer difícil
Cada porta que queres abrir necesita unha chave. O galego é unha delas. Non quedes fóra do que persigues por culpa dun papel ou dun mal nivel. Acada o nivel de CELGA que desexas.
Explicacións sinxelas e directas, sen tecnicismos innecesarios
Exercicios, modelos de exame oficial e materiais prácticos
Estratexias para afrontar cada parte da proba con confianza
Unha metodoloxía flexible para aprender aos poucos e ao teu ritmo
Cursos de galego online
Aprende galego: o que necesitas para chegar lonxe
Para algúns, aprender galego é conectarte coa túa terra, co teu futuro, para outros, aprobar un exame que lle permita continuar o seu camiño profesional.
Preparámoste para conseguir os niveis CELGA con materiais modernos, dinámicos e adaptados ás esixencias reais do exame. Superalo é importante, pero facelo cun galego que brilla, aínda máis.
Esquece os cursos que se parecen dos anos 80. Aquí aprenderás un galego útil, do século XXI, con recursos descargables e un enfoque directo.
Colaboramos con As chaves da lingua
Máis de 100.000 visitas avalan o método e os contidos
Inspirámonos na metodoloxía que utilizan desde As chaves da lingua para transmitir coñecementos sobre o galego dun xeito sinxelo, accesible e adaptado ás necesidades do século XXI.
Comunícate en galego de forma fluída en situacións cotiás e profesionais. Escribe, comprende e aprende para seguir mellorando.
Un blog con case un cento de artigos
Tomamos eses contidos de base, escritos baixo licencias de libre uso, para crearmos estes cursos pensado para ti. Os miles de usuarios que os leron non poden estar equivocados.
Cursos de galego
11 módulos
71 temas
30 cuestionarios
55 materiais e xogos
11 módulos
71 temas
32 cuestionarios
55 materiais e xogos
11 módulos
74 temas
31 cuestionarios
120 materiais e xogos
Contidos útiles

Series e programas da TVG para mellorar a comprensión oral no CELGA 4
No CELGA 4 xa non chega con entender. Aquí esíxese precisión, interpretación e capacidade de seguir discursos complexos sen apoio. O salto respecto ao nivel

Series e programas da TVG para mellorar a comprensión oral no CELGA 3
Se estás no nivel CELGA 3, xa non abonda con entender conversacións básicas. Aquí esíxese máis: seguir explicacións, identificar matices e captar información con maior

Series e programas da TVG para mellorar a comprensión oral no CELGA 2
Se estás preparando o CELGA 2, hai unha habilidade que marca a diferenza: entender o galego falado con naturalidade. Moita xente le e escribe con

Nova sección en cursos.gal: preguntas e respostas e resolución de dúbidas
Aprender un idioma é un camiño que require constancia, práctica e, sobre todo, resolver dúbidas a tempo. Cantas veces estiveches estudando e apareceu esa pregunta
Leva un ebook de balde
Un recurso clave para mellorar e sumar puntos
Este ebook recolle os 50 erros léxicos máis frecuentes detectados en exames oficiais, redaccións e textos de persoas que están aprendendo.
Non é un listado seco de palabras, senón unha guía práctica que che explica por que cada erro é incorrecto, cal é a forma correcta e como evitar caer de novo nel.
Se estás preparando o CELGA, este recurso axudarache a pulir detalles e evitar erros que penalizan moito. E se simplemente queres falar con máis naturalidade e seguridade, é un excelente punto de partida para mellorar.
Enviámoscho de agasallo co teu curso.
Dicionario e conxugador verbal sempre que o precises
Tes dispoñible un dicionario de galego e un conxugador verbal completo sen saír da plataforma. Podes usalo todas as veces que queiras, mentres estudas, redactas, fas tests ou consultas contidos.
Esta ferramenta non é un engadido calquera. É un desenvolvemento propio desde cero co obxectivo de facilitar a rápida consulta de dúbidas.
Non existe ningunha solución comercial similar que permita facer consultas sen abandonar a plataforma. Houbo que deseñar unha arquitectura técnica propia, procesado e visualización optimizada.


